Blogia
Estrela Vermella

Partidos da fin de semana.

ESTRELA VERMELLA - SAN PEDRO (1-6)

Partido pésimo o xogado no campo de Marrozos en malas condicións o venres pola tarde. Inda que nos adiantamos nos primeiros minutos cun golazo de cabeza de Marcelo, rematado ao saque dunha falta votada por Rober, co empate fómonos do encontro, 3 na primeira parte e outros tantos no segundo tempo.

Xogaron: 1-Jorge (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo) sustituido por 12-Juan; 4-Chechu (central); 5-Rober (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 14-Rúa; 7-Marcelo (medio); 8-Félix (medio esquerdo) sustituido por 13-Rafa; 9-Agus (medio dereito); 10-Rodrigo (media punta); 11-Balsa (dianteiro).

VELACRUZ - ESTRELA VERMELLA (2-1)

Victoria pola mínima do Velacruz no partido do domingo pola mañá. Empate a uns con gol de Jose ata os derradeiros minutos do encontro, nos que o equipo local se faría cos 3 puntos en xogo.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Agus (lateral esquerdo); Chechu e Rober (centrais); Marcelo e Cristian (medios); Rúa (medio esquerdo); Enrique (medio dereito); Jose (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Berto no descanso.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres