Volta do Nadal
Voltamos do Nadal e retomamos este modesto blog.
As festas deixáronnos 3 partidos, un empate que supo a pouco, unha victoria e unha amarga derrota.
A derrota sufrímola fronte o Campo da Angustia, rival que non amosou nada, simplemente fixo o que tiña que facer. Gañar a un rival que xogou con 10 todo o encontro. Derrota por 4 tantos a 1, no que regalamos 2 dos 4 goles encaixados. Por moitas intentonas e tras recortar distancias grazas ao gol de Cristian de penalti facendo o 3 a 1 non era o noso día. Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Agus (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Félix (central); 5-Chechu (central); 6-Cristian (medio); 7-Berto (medio dereito); 8-Marcelo (medio); 9-Juanca (dianteiro); 10-Roberto (medio esquerdo).
O empate chegaría en San Marcos fronte un rival que se quedaría con 10 case o comenzo do partido. Pero por moitas ocasións creadas e inda que levásemos a iniciativa, o San Marcos B replegouse facendo infranqueable o seu marco. O remate do encontro, o meso resultado co que comezamos, 0-0 que supo a pouco. Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito) sustituido por 14-Agus; 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Jorge (central) sustituido por 12-Rafa; 5-Rober (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 15-Félix; 7-Berto (medio dereito); 8-Marcelo (medio) sustituido por 16-Juanca; 9-Roberto (dianteiro); 10-Balsa (media punta); 11-Rúa (medio esquerdo) sustituido por 13-Juan.
A victoria colleitaríamola fronte A Inmaculada, pecha cancelas da categoría, por 3 tantos a 1. Os goles foron de Rúa, Cristian e xa no segundo tempo faría Jose o terceiro. A Inmaculada recortaría distancias facendo o 3-1 nos derradeiros minutos, resultado co que finalizaría o encontro. Xogaron:1-Rober (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Félix (central); 5-Jorge (central); 6-Marcelo (medio) sustituido por 15-Juanca; 7-Cristian (medio) sustituido por 13-Juan; 8-Rúa (medio esquerdo) sustituido por 14-Agus; 9-Jose (dianteiro) sustituido por 16-Chechu; 10-Roberto (media punta), 11-Balsa (medio dereito) sustituido por 12-Rafa.
3 comentarios
felix -
e enton non podo facer unha boa cronica...jeje
o administrador é un vago redomao -
ou é que te cansache de facer as crónicas individualizadas dos partidos CANDO SEMPRE LEVABAMOS DERROTAS (case sempre abultadas)??
HAI QUE ESTAR ÁS DURAS PERO TAMÉN ÁS MADURAS, amijo.
ÁNIMO FLIX E A SEGUIR COAS CRÓNICAS!!Xa sabes que ó final veñen as PRIMAS (a veces a terceiros- monetarias ou as dos amigos)!! Así que serás recompensao.
Ou pídelle ó Caneda ou Florentino do Estrela, que reparta algo cando cobre as subvencións e que non chupe todo él, o míster, os xogadores e o resto da directiva.
MOI MAL WEB MÁSTER -
Fas un marketing pésimo para o Estrela.
Pido a dimisión e o CAMBIO DE ADMINISTRADOR JA!!