ESTRELA VERMELLA - AMIO (0-5)
Encontro difícil o xogado onte a noite nas Cancelas.
Tarrío cambiou o esquema co que vimos xogando normalmente e contou con 5 defensas para poñerlle as cousas complicadas o líder. Pero o Amio xogou con moitísima intensidade todo o partido.
O noso equipo foi aguantando as acometidas rivais ata os minutos finais do primeiro tempo, donde trala sustitución de Jose por lesión, durmiríamonos no campo literalmente, momento que o Amio aproveitou facendo 3 goles, case regalados nos 10 últimos minutos da primeira parte.
Na segunda metade máis do mismo, ocasión tras ocasión do Amio que acabarían metendo 2 goles máis facendo notar a forma físca dun e doutro equipo, xa que nós tan só contábamos cun cambio.
Xogaron: 1-Jorge (porteiro); 2-Agus (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Chechu (central); 5-Andrés (central); 6-Félix (central); 7-Cristian (medio); 8-Jose (medio) sustituido por 12-Balsa; 9-Juanca (medio dereito); 10-Roberto (medio esquerdo); 11-Juan (dianteiro).
E para a semana, o Bodegón Arzúa, domingo as 16:30 en Marrozos.
2 comentarios
felix -
cris -
Tamén hai que pasar URXENTEMENTE A JUANCA Ó CENTRO DA DEFENSA. Pois nos adestramentos defende a tope e rinde coma un LEÓN nesa posición, incluso gruñindo e a semana pasada levamos 5. Félix, Checho e Andrés por suposto que rendiron pero considero que en partidos tan complexos coma o do outro día ou o que se nos aveciña contra o Bodegón o domingo que vén de marcarche 0-8 ó Angustia ainda teriamos que reforzar + a zaga poñendo a Juanca de CENTRAL MARCADOR LAPA pola súa contundencia e coméndolle os webos á estrela do equipo contrario sen deixalo respirar. Sen deixarlle un centímetro. Pegao a él. Como se ten dito de algúns marcaxes antoloxicos da hª do futebol indo con él ao retrete se fai falla.