Blogia
Estrela Vermella

NOITEBRA - ESTRELA VERMELLA (3-0)

Onte partíamos con moita confianza nun partido que se nos puxo "patas arriba" en 10 minutos do primeiro tempo, no que o equipo rival faría 2 goles, un o saque dun corner e outro por erro da defensa na area pequena.

Xa no segundo tempo viñémonos adiante creando ocasións que de nada serviron, xogando máis da metade dos 45 minutos en campo do Noitebra. Pero nunha contra, tras un desafortunado despexe da defensa remataríamos facendo nós o 3-0.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Félix (lateral esquerdo); 4-Chechu (central); 5-Jorge (central) sustituido por 12-Juanca; 6-Berto (medio); 7-Cristian (medio); 8-Enrique (medio esquerdo); 9-Balsa (medio dereito); 10-Roberto (media punta); 11-Jose (dianteiro).

E para a semana o Racing San Lorenzo, domingo as 12:30 en Sta. Isabel.

0 comentarios