Blogia
Estrela Vermella

COPA CONCELLO DE SANTIAGO 2010

No sorteo da Copa Concello de Santiago 2010, na categoría de modestos, haberá unha fase previa que a xogarán oito equipos o luns 17 de maio, a seguinte rolda (oitavos de final) xogarase a partido único o 23 de maio, cuartos de final os días 30 de maio e 6 de xuño, semifinais os días 13 e 20 de xuño, xogándose a gran final o 27 de xuño no campo de Santa Isabel.
Por sorteo deberán xogar a fase previa o Belvís, San Lorenzo, San Marcos "A", Urban, Inmaculada, Vista Alegre, Noitebra e Velacruz. O resto de equipos comezarán a competición o 23 de maio directamente en oitavos de final.
A nos tocounos contra o Zona Vella en oitavos de final (23 de maio) a partido único. No caso de pasar de ronda, xogaríamos en cuartos (30 de maio e 6 de xuño) contra o gañador do Victoria - San Pedro.

0 comentarios