Blogia
Estrela Vermella

SAN PEDRO - ESTRELA VERMELLA (3-1)

Resultado un tanto inxusto o colleitado onte no campo de As Cancelas, fronte un equipo serio e con pegada.

Adiantouse o equipo local cun solitario gol co que se chegaría o descanso. O Estrela nestos primeiros 45 minutos sufriría as lesións de Jose e de Jorge, un dianteiro e un central, tendo que modificalo esquema o mister no vestiario.

No segundo tempo e grazas a un penalti o noso favor, Rafa anotaría o empate a uns, facendo xustiza ao que se estaba a ver no terreo de xogo, pero tan só 2 minutos despois o San Pedro faría o 2-1 descolocando ao Estrela do partido.

Inda que nos viñemos arriba nos derradeiros 15 minutos e creando numerosas ocasións, foi o San Pedro grazas a unha contra quenes rubricaron o xa mentado 3-1.

Partido xogado as 22:00 h. e co terreo de xogo en boas condicións.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Félix (lateral esquerdo); 4-Jorge (central) sustituido por 12-Rafa; 5-Roberto (central); 6-Marcelo (medio) sustituido por 13-Juanca ; 7-Alfredo (medio esquerdo) sustituido por 16-Alberto; 8-Berto (medio); 9-Jose (dianteiro) sustituido por 14-Cristian; 10-Agus (medio dereito); 11-Juan (dianteiro) sustituido por 15-Rúa.

1 comentario

agus -

arrasas con esta paxina,je!je!