Blogia
Estrela Vermella

ESTRELA VERMELLA - VISTA ALEGRE (1-3)

Resultado un tanto abultado o colleitado en Marrozos esta mañán.

Chegaríamos co empate a ceros no descanso, prantándolle cara os terceiros en discordia desta categoría.

Xa no segundo tempo chegarían os goles, comezaría o Vista Alegre adiantándose no luminoso. Empataríamos cun gol de penalti transformado por Rober, pero a diferenza na clasificación notouse nos derradeiros minutos e o Vista Alegre farianos 2 goles máis facendo o 1-3. Púdose evitar algún gol, incluso pudemos ter empatado, pero ésto tan só foi o principio da segunda volta.

Ánimo equipo.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Rober e Jorge (centrais); Berto e Chechu (medio campo); Agus (banda dereita); Balsa (banda esquerda); Marcelo (media punta); Jose (dianteiro); xogaron tamén: Rúa, Roberto, Juanca, Rafa e Juan

0 comentarios