Blogia
Estrela Vermella

ESTRELA VERMELLA - RACING SAN LORENZO (1-3)

Comezamos ben o partido de onte a mañá en Sta. Isabel; os primeiros 20 minutos o Estrela subía creando ocasións e defendía ben no medio campo.

Pero tralo primeiro e inxusto gol que chegou nunha falta ao noso porteiro na area pequena, que o colexiado non pitou, o San Lorenzo adiantaríase no luminoso.

Minutos despois disporíamos dunha oportunidade clarísima pero non demos co gol, e así remataría a primeira parte.

Xa no segundo tempo, o San Lorenzo pouco a pouco foise facendo dono do campo e farían o segundo gol tras un barullo na area. Inda que Rober recortaría distancias cun zambombazo dende fora da area, sería o San Lorenzo quen faría o definitivo 1-3.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3- Enrique (lateral esquerdo); 4-Rober (central); 5-Chechu (central) sustituido por 12-Rafa; 6-Cristian (medio) sustituido por 14-Berto; 7-Félix (medio esquerdo) sustituido por 16-Agus; 8-Marcelo (medio); 9-Jose (dianteiro) sustituido por 15-Juanca; 10-Roberto (media punta); 11-Rúa (medio dereito) sustituido por 13-Juan.

0 comentarios