Blogia
Estrela Vermella

LAVACOLLA - ESTRELA VERMELLA (4-0)

Partido complicado dende o principio o disputado hoxe en As Cancelas.

O equipo rival plantouse con un gol madrugador, facendo 2 máis antes do descanso. Foi no derradeiro minuto da primeira parte, cando nunha discusión entre dous xogadores, un de cada equipo, o árbitro expulsou a Roberto, deixándonos con 10 homes no campo de maneira inxusta.

Na segunda parte, o equipo fixo un xogo máis serio intentando crear contadas ocasións. O árbrito nestes 45 minutos, sinalou un penalti a favor do Lavacolla que Jorge tras unha gran estirada desbarataría. Pero trás un barullo na nosa área, xa rematando o encontro, encaixaríamos o 4-0, gol que un dos xogadores do equipo local empurraría coa man e o arbrito non viu.

Partido disputado no campo de As Cancelas ás 15:30 da tarde co terreo de xogo bastante mollado.

Xogaron: 1-Jorge (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Agus (lateral esquerdo); 4-Chechu (central); 5-Roberto (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 13-Alberto ; 7-Berto (medio dereito); 8-Marcelo (medio) sustituido por 16-Rodrigo; 9-Félix (medio esquerdo) sustituido por 14-Balsa; 10-Alfredo (media punta) sustituido por 15-Rafa; 11-Jose (dianteiro) sustituido por 12-Juanca.

Agora Victoria e Amizade, dous rivais os que lle debemos de poñer as cousas complicadas, ánimo equipo!!!!

0 comentarios