ESTRELA VERMELLA - ZONA VELLA (2-1)
Vaia final de tempada.
Semella coma se todas as meigas axudadas pola sorte que nos dá a presenza de Evaristo no Estadio estivesen da nosa parte. Pero tampouco todo é bon. Na liga mal, moi mal. Farolillo vermello e nunca mellor dito. Completado co descenso directo de categoría. Fixádevos na clasificación que hai no enlace inferior esquerdo do punto que pon TODO SOBRE A 3ª AUTONÓMICA GRUPO 12. En marelo (a miña cor favorita) os 2 clubes da gloria: Amio e Vista. E en vermello os 3 da disgracia: Xacobeo, Inmaculada e mais nós (con descenso automático).Pero vaiamos ao bon.
Partido de mediodía con moita calor o celebrado nas Cancelas (a nosa casa) propio para deixarse levar pola fatiga, o cansanzo e a astenia primaveral. Así saíron os dous contendentes ao campo, acompañados por un trío arbitral competente a pesar das irremediables protestas do incansable Rúa. Un acertado trencilla, acompañado cun ainda mellor liña Evaristo, na banda do noso banco, e por unha agraciada fotógrafa do equipo contrario fixeron o partido máis serio e agraciado para nós. Lonxe dos escándalos arbitrais doutras xornadas. Pero non fixeron falta ningún tipo de axudas, salvo as dos nosos impecables e acertados xogadores (salvo cando encaixamos o gol que moi mal nolo fixestes pasar -Cabronazos!-).
Comezou Berto abrindo o camiño (menos mal, porque senón que sería de nós). En estado de gracia, Alberto acompañado da pócima máxica da crema de Rúa que tenta paliar os problemas de sempre nos abductores, confirmou unha vez máis que está realizando unha fin de tempada impresionante, despois do triplete da semana pasada. Colle o balón un pouco máis avanzado do círculo central e a medio camiño do semicírculo da área rival, sen pensalo 2 veces, empala unha folla seca que máis ben pareceu un mísil Toma-Hawk que se cola de arriba abaixo tocando 1º penso que no longueiro entrando pola escadra para rematar no fondo das redes. Festa e algaravía para os poucos espectadores que tiñamos na grada (coido que ata faltaba o capi)e sobre todo para o poboado banquiño que tiñamos entre eivados (mea culpa e Edu o playero), un seareiro e o cuarteto da morte que saiu no segundo tempo. Dirixidos coma sempre por un maxistral Guillermo na banda (Tarrío, botámoste de menos, pero sobre todo pas ceas e pas copas), lonxe de pecharnos atrás seguimos triangulando, xogando ben, tendo boas posesións do esférico e con dúas ocasións de un contra un do "Gran" Jose, das que non suele errar, onde semella case máis fácil metela ca fallala que non poideron ampliar o marcador. Seguramente o mellor xogador do equipo, garantía de realizar o que é máis difícil no fútbol, que é metela dentro, non está tendo un afortunado final de tempada (como lle imos pedir máis, xa foi o que nos salvou durante todo o resto da Liga, case ata o final), seguramente tamén provocado polos problemas físicos que arrastra.
Os rivais na de na, patapún parriba e patadón pabaixo. Aproveitando eso Rober aproveitou pa sentenciar nesas xogadas que están vetadas para nós, os córners. Na segunda metade si que trenzaron mellor os rivais e catapún, pasou o que case sempre pasa, gol do contrario. 2-1 e quedaba unha media hora de partido. Que longo se nos fixo, ao borde do infarto (ben sabe Deus que se sufre moito máis no banco que no campo, no tapete verde polo menos botas a tensión co exercicio realizado). O tempo non pasaba, varios sustos, mais que ocasións claras dos rivais e xa ao final sacan ao incombustible Lois para tentar devolvernos de novo a remontada pasada (do 3-1 ao 3-3 en dous minutos e con cara de parvos) e crean unha oportunidade xa case na mesma liña de gol que defendeu con maestría o Rober (administrando moi ben o tempo) que o pánfilo do rival bota por riba do longueiro.
Pitan o final e POR FIN RESPIRAMOS.
POR FAVOR. NON NOS FAGADES SUFRIR TANTO O DOMINGO!!.
Xa estamos en cuartos, entre os 8 mellores equipos desta copa.
Un golazo de Berto e outro de Roberto métennos en cuartos de final a doble partido contra o San Pedro.
Crónica por Cristian!
2 comentarios
felix -
sijemas pasando ok? e colgoas ke son mais coñeras ke as ke fago eu
farasme a do san pedro
graciñas!!
Cristian -
Pero tampouco todo é bon. Na liga mal, moi mal. Farolillo vermello e nunca mellor dito. Completado co descenso directo de categoría. Fixádevos na clasificación que hai no enlace inferior esquerdo do punto que pon TODO SOBRE A 3ª AUTONÓMICA GRUPO 12. En marelo (a miña cor favorita) os 2 clubes da gloria: Amio e Vista. E en vermello os 3 da disgracia: Xacobeo, Inmaculada e mais nós (con descenso automático.
Pero vaiamos ao bon.
Partido de mediodía con moita calor o celebrado nas Cancelas (a nosa casa) propio para deixarse levar pola fatiga, o cansanzo e a astenia primaveral. Así saíron os dous contendentes ao campo, acompañados por un trio arbitral competente a pesar das irremediables protestas do incansable Rúa. Un acertado trencilla, acompañado cun ainda mellor liña Evaristo, na banda do noso banco, e por unha agraciada fotógrafa do equipo contrario fixeron o partido máis serio e agraciado para nós. Lonxe dos escándalos arbitrais doutras xornadas. Pero non fixeron falta ningún tipo de axudas, salvo as dos nosos impecables e acertados xogadores (salvo cando encaixamos o gol que moi mal nolo fixestes pasar -Cabronazos!-).
Comezou Berto abrindo o camiño (menos mal, porque senón que sería de nós). En estado de gracia, Alberto acompañado da pócima máxica da crema de Rúa que tenta paliar os problemas de sempre nos abductores, confirmou unha vez máis que está realizando unha fin de tempada impresionante, despois do triplete da semana pasada. Colle o balón un pouco máis avanzado do círculo central e a medio camiño do semicírculo da área rival, sen pensalo 2 veces, empala unha folla seca que mais ben pareceu un mísil Toma-Hawk que se cola de arriba abaixo tocando 1º penso que no longueiro entrando pola escadra para rematar no fondo das redes. Festa e algaravía para os poucos espectadores que tiñamos na grada (coido que ata faltaba o capi)e sobre todo para o poboado banquiño que tiñamos entre eivados (mea culpa e Edu o playero), un seareiro e o cuarteto da morte que saiu no segundo tempo. Dirixidos coma sempre por un maxistral Guillermo na banda (Tarrío, botámoste de menos, pero sobre todo pas ceas e pas copas), lonxe de pecharnos atrás seguimos triangulando, xogando ben, tendo boas posesións do esférico e con dúas ocasións de un contra un do "Gran" Jose, das que non suele errar, onde semella case máis fácil metela ca fallala que non poideron ampliar o marcador. Seguramente o mellor xogador do equipo, garantía de realizar o que é máis difícil no fútbol, que é metela dentro, non está tendo un afortunado final de tempada (como lle imos pedir máis, xa foi o que nos salvou durante todo o resto da Liga, case ata o final), seguramente tamén provocado polos problemas físicos que arrastra. Os rivais na de na, patapún parriba e e patadón pabaixo. Aproveitando eso Rober aproveitou pa sentenciar nesas xogadas que están vetadas para nós, os córners. Na segunda metade si que trenzaron mellor os rivais e catapún, pasou o que case sempre pasa, gol do contrario. 2-1 e quedaba unha media hora de partido. Que longo se nos fixo, ao borde do infarto (ben sabe Deus que se sufre moito máis no banco que no campo, no tapete verde polo menos botas a tensión co exercicio realizado). O tempo non pasaba, varios sustos, mais que ocasións claras dos rivais e xa ao final sacan ao incombustible Lois para tentar devolvernos de novo a remontada pasada (do 3-1 ao 3-3 en dous minutos e con cara de parvos) e crean unha oportunidade xa case na mesma liña de gol que defendeu con maestría o Rober (administrando moi ben o tempo) que o pánfilo do rival bota por riba do longueiro. Pitan o final e POR FIN RESPIRAMOS.
POR FAVOR. NON NOS FAGADES SUFRIR TANTO O DOMINGO!!.