Comité Nº 38, Delegación de Santiago
SANCIÓNS NA COPA CONCELLO DE SANTIAGO:
Belvís: Juan Pablo Fernández Pazos, 1 partido.
Victoria: Marcos García Oubel, 1 partido.
San Pedro: David de la Iglesia Pereira, 1 partido.
OUTROS ACORDOS:
AMIO - LAVACOLLA, Sinalado para o 16/05/10, o mesmo non chegou a disputarse por incomparecencia do Club Lavacolla. Finalizou o período de información aberto no acordo nº 37 do 19/05/10 sobre dita incomparecencia, ACORDASE: Dar por incomparecido ao encontro de referencia ao Club Lavacolla, sendo o resultado técnico do encontro de AMIO (3) –LAVACOLLA (0), así como descontarlle dous puntos da súa clasificación xeral, e multa económica ao Club de 60 € por dita incomparecencia. Art. 103 do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F.
VISTA ALEGRE - AMIZADE, Celebrado o 16/05/10. Rematou o período de información aberto no acordo do 19/05/10 Nº 37 da actual tempada sobre os feitos ocurridos no encontro de referencia. Vistas as alegacións presentadas polo Club Vista Alegre, ACORDASE: 1º.- Suspender con tres encontros oficiais ao xogador do Club Vista Alegre D. JUAN ALBERTO GASAMANS IGLESIAS, e sanción ó Club de 9 € por dobre amoestación e menosprezo ó Sr. Colexiado. Arts. 129 A e 133 C do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F. 2º.- Suspender cun encontro oficial ao xogador do Club Vista Alegre D. IVAN NAVEIRA VEIRAS, e sanción ó club de 3 € por menosprezo ó Sr. Colexiado. Art. 133 C do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F. 3º.- Suspender con catro semanas ao Colaborador tipificado en acta do club Vista Alegre D. RICARDO LUIS VAZQUEZ PAZO, e sanción ó Club de 12 € por empurrar ó Sr. Colexiado. Art. 118 do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F. 4º.- Suspender cun encontro oficial ao xogador do Club Amizade D. RUBEN RAMOS BALSA, e sanción ó Club de 3 € por menosprezo ó contrario. Art. 133 B do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F.
XACOBEO STGO. - A GRACIA, Celebrado o 23/05/10. Abrir información sobre a suposta aliñación indebida da totalidade de xogadores do Club Xacobeo Stgo., D. RUBEN VAZQUEZ FARTO e o Colaborador D. AGUSTIN RAÑA RAÑA, e presentada dita reclamación en tempo e forma o club A Gracia. Dar traslado da citada reclamación ó Club Xacobeo Stgo., para que no prazo máximo de 48 HORAS envíen as alegacións que estimen oportunas na defensa dos seus dereitos.
PRÓXIMOS ENCONTROS A CELEBRAR EN SANTIAGO Ó 30 DE MAIO:
BODEGÓN ARZÚA – XACOBEO STGO. 30/05/10 ás 18.00 en AS CANCELAS
AMIO – BELVIS 30/05/10 ás 19.45 en AS CANCELAS
VISTA ALEGRE – AMIZADE 30/05/10 ás 19.45 en STA. ISABEL
SAN PEDRO – ESTRELA VERMELLA 30/05/10 ás 18.00 en STA. ISABEL
1 comentario
Cristian -