Blogia
Estrela Vermella

ZONA VELLA - ESTRELA VERMELLA (3-3)

ZONA VELLA - ESTRELA VERMELLA (3-3)

Empate con sabor a derrota.

Partido que o Estrela tiña gañado pero grazas a que o árbitro nos sinalase un penati e unha falta inexistente ao borde da area, na nosa contra, foron suficientes para que o Zona Vella conseguise o empate.

O partido comezou cun Estrela moi metido e moi serio, unha boa primeira parte que se viu reflexada no 0-1 co que chegaríamos ao descanso, gol de Rober de penalti.

Xa no segundo tempo e grazas a unha boa internada de Jose na area do Zona Vella, recortando a 2 defensas, chegaría o 0-2. O Zona Vella a última media hora do encontro viuse arriba e recortaría distancias facendo o 1-2. Pero Cristian poría a suposta tranquilidade co 1-3.

E o que parecían 3 claros puntos, convertíronse en tan só 1 nos 10 últimos minutos.

Amargo empate!

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo) sustituido por 15-Agus; 4-Chechu (central); 5-Rober (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 12-Juan; 7-Jorge (medio esquerdo); 8-Marcelo (medio); 9-Jose (dianteiro); 10-Balsa (medio dereito) sustituido por 13-Félix; 11-Rúa (dianteiro).

3 comentarios

juanca -

jejejjejejejjeje
pero quedaba ben amiña entrada!!!!
ejejejjejejej

felix -

ostias
non xojastes??
foiseme a pinsa

juanca -

Como que marcelo sustituido por juanca????
se non chejei nin a entratar nin a pidilo cambio!!!!!
ejejjejejejeje