Blogia
Estrela Vermella

ESTRELA VERMELLA - VELACRUZ (0-2)

Tarde espectacular para a práctica do futebol, nin moito caloraso nin frío para poñer os pelos de punta.

O estrela plantábase ante un bo rival traendo detrás unha xeira de resultados abraiante (EPICOSENTAS VITORIAS POR CHOSCA!!).

O partido empezou ca batalla plantada no mediocampo, na que o noso equipo (e non é por votar para casa) era lixeiramente superior. Despois de tímidos acercamentos por ambas áreas, o noso equipo tivo un saque de córner, o cal foi moi ben sacado e o noso benquerido rijoBerto rematou perfectamente a portería, pero o porteiro estirouse máis que Benji da mítica serie de Campeones e sacouna o puñetero.

O partido seguía na mesma tónica, ata que nun pequeno erro defensivo noso foi ben aproveitado polo rival (cajeno Castromil do caralloo!!!!jejeje). 1-0 no primeiro tiro a portería dos contrarios.

Co partido en contra o noso equipo seguiuno intentando ata o descanso.

Xa na sejunda parte (ahora xa cambiamos a modo Laxeiran de escribir, jejeje), co noso jran dianteiro espijado Jose no campo (en sustitusión de Cristian que luchou coma un jabato), empesamos calmadiños, pero a furia vermella despertou e empesamos a apretar ó contrario.

Pasados uns minutos entrou JC9 no campo en sustitusión de Balsiña que salía fundido do esfuerso.

Sejimos tendo ocasións a patadas e entre o porteiro e tamén en que onte non entraba (NON OHHHHH!!!!jejejeje), nada, nin pa dios metíamos.

Finalmente, despois doutro despiste e do terseiro tiro a portería deles, metéronnos o sejundo.

Xa cas pilas jastadas, e como non eran recarjables, acabamos o partido tristes e sabendo que pudo ser outra victoria máis, pero temos que estar orjullosos porque os collóns quedaron desparramados polo pedrejal de Jrixoa e sabemos que outro día entrarán eses joles (NON OHHHH!!!Berto demonio!!!).

Xojaron: Edu; Andrés, Chechu, Rober, Enri; Cristian, Rafa, Marcelo, Berto, Balsa; Castro. Tamén xojaron: Jose e JC9.

(Crónica por Juanca)

0 comentarios