Blogia
Estrela Vermella

Crónica

ESTRELA VERMELLA - VICTORIA (0-2)

Parece que non saimos desa mala racha de partidos perdendo por poucos goles de diferencia.

O partido do domingo a mañá foi un partido igualado, donde o Victoria aproveitou as ocasións creadas e o Estrela todo o contrario.

Xogaron: Jorge, Amaro, Chechu, Jano, Andrés, Marcelo, Castro, Agus, Enrique, Roberto e Luis. Tamén xogaron: Félix, Juanca, Rafa e Balsa.

CAMPO DA ANGUSTIA - ESTRELA VERMELLA (1-1)

Suspendido no minuto 80, con resultado 1-1 no marcador, por unha tangana e un obxecto que caeu dende a grada.

O peor é que o equipo local chamou a policía nacional para que os escoltaran, aparecendo no campo de As Cancelas tres furgóns policiais.

A parte do espectáculo vergonzoso, arrincamos un novo punto gracias a un gol de Jose.

Xogaron: Edu, Amaro, Chechu, Berto, Andrés, Marcelo, Castro, Rober, Roberto, Luis e Jose. Tamén xogaron: Jorge, Rafa, Balsa e Félix.

O Correo Galego fíxose eco (daquela maneira) da nova: http://www.elcorreogallego.es/deportes/futbol/ecg/suspendido-angustia/idEdicion-2010-11-02/idNoticia-606418/

ESTRELA VERMELLA - RUANOVA (1-5)

Partido complicado ante un sempre forte Ruanova.

Comezamos ben, creando ocasións, facendo unha boa primeira parte, pero os dous primeiros goles do Ruanova foron dous misiles que remataron coas ilusións do Estrela, inda que Castro nos metía no encontro cun gol, o equipo rival non se votou atrás en ningún momento.

Xogaron: Edu, Amaro, Jorge, Berto, Andrés, Rafa, Marcelo, Castro, Roberto, Jose e Luis. Tamén xogaron: Félix, Agus, Enrique e Juanca.

AMIZADE - ESTRELA VERMELLA (0-2)

Tivo que ser, antes ou despois o Estrela tiña que facer os primeiros 3 puntos.

Partido ben prantexado, esperando atrás e aproveitando as ocasións que creamos, como sabemos.

Cun gol de Castro nos primeiros minutos do encontro e con outro tanto de Félix no segundo tempo, conseguimos a primeira victoria da tempada. Agardamos moitas máis.

Xogaron: Rober, Andrés, Jorge, Rafa, Enrique, Marcelo, Castro, Luis, Roberto, Rúa e Juanca. Tamén xogaron: Berto, Félix, Agus, Amaro e Juan.

ESTRELA VERMELLA - INMACULADA (2-4)

Desastroso encontro o que disputamos onte en Santa Isabel fronte un Inmaculada que tiña o seu papel ben estudiado.

Comezamos cuns 20 minutos creando ocasións e fallando oportunidades de gol clarísimas.

Pero nunha contra do Inmaculada e tras un barullo na area, faría o gol que nos votaría do partido. Os nosos goles foron de Castro e Jose de penalti.

Temos que cambialo "chip" canto antes, xa que mañá as 12:00 agárdanos o Amizade; e non podemos volver a xogar coma onte.

Xogaron: Rober, Agus, Jorge, Berto, Enrique, Rafa, Marcelo, Castro, Luis, Roberto e Rúa. Tamén xogaron: Balsa, Andrés, Jose, Félix e Juanca.

AT. FÁTIMA - ESTRELA VERMELLA (3-1)

Nova derrota ante outro "galo", desta vez a mala sorte e o mal tempo xogaron na contra do Estrela.

Cun empate a ceros remataría o primeiro periodo; xa no segundo tempo chegaron os goles, comezou adiantándose no taboleiro o Fátima, pero Jose de penal faría o empate. Os dous goles seguintes do equipo rival foron de saque de porta, que grazas o mal tempo despistaron a Edu.

Agora non hai excusas de perder ante o Inmaculada o domingo.

Xogaron: Edu, Agus, Chechu, Jorge, Enrique, Berto, Luis, Castro, Roberto,Balsa e Jose. Tamén xogaron: Rúa, Amaro e Rafa.

ESTRELA VERMELLA - BELVÍS (0-1)

Gran partido o disputado o domingo pola mañá en Grixoa.

Perdemos pola mínima ante un dos equipos máis fortes da categoría, de seguir nesta liña, melloraremos notablemente o resultado do ano pasado.

Xogaron: Rober, Agus, Chechu, Berto, Enrique, Marcelo, Luis, Rúa, Castro, Jose e Juanca. Tamén xogaron: Juan e Balsa.

LAVACOLLA - ESTRELA VERMELLA (2-1)

Un Estrela que foi de menos a máis e un Lavacolla que foi de máis a menos deixáronos onte a tarde un interesante encontro nas Cancelas.

Comezou o Lavacolla presionado moi enrriba, sen prácticamente deixarnos xogar o balón máis alá de medio campo. O Estrela dedicouse a defender todo e así chegamos ao descanso cun 0-0 no marcador.

Xa no segundo tempo e gracias a un saque de esquina o Lavacolla adiantaríase no taboleiro. Pouco despois e con outro córner, cunha internada de Agus conseguíamos empatar o encontro. Pero, como non, noutro saque de esquina nos minutos finais o Lavacolla faría o definitivo 2-1.

Encontro no que o Estrela fixo unha gran segunda metade, no que coas expulsións de Roberto e Rafa, e un xogador do Lavacolla, o árbitro, por chamarlle de algunha maneira, quixo ser protagonista nun partido limpo e sen follóns.

Xogaron: Edu, Rober, Chechu, Jorge, Félix, Rafa, Balsa, Marcelo, Rober, Luis e Rúa. Tamén xogaron: Jose, Berto e Agus.

ESTRELA VERMELLA - SAN PEDRO (1-1)

O Estrela consigue o primeiro punto deste ano, gracias a un gol de Rober na segunda metade.

E puideron ser 3 os puntos conseguidos, pero un penal errado e un balón ao longueiro impedíronno.

Moi bo encontro o plantexado por Carlos na tarde de onte. O equipo estivo ordenado e non perdemos a compostura en ningún momento. Se continuamos nesta liña ascendente, podemos facelo moi ben.

Arriba Estrela e a polo Lavacolla.

Xogaron: Edu, Castro, Chechu, Jorge, Enrique, Rafa, Balsa, Marcelo, Rober, Rúa e Juanca. Tamén xogaron: Berto, Rodrigo, Félix, Agus e Alberto.

ZONA VELLA - ESTRELA VERMELLA (5-0)

Comezo da liga con mal pé.

Inda que fixemos unha boa primeira parte, cun golazo de cabeza de Rúa, anulado polo señor colexiado (por chamarlle dalgún xeito), o penalti pitado en contra nos derradeiros minutos do primeiro tempo, foi o comenzo dunha longa segunda parte agónica.

Dous penaltis en contra, 3 fallos en defensa e a falta de rodaxe, derónlle unha victoria abultada o Zona Vella, para o que se viu dende a grada.

Xogaron: Edu, Andrés, Rober, Jorge, Enrique, Rafa, Balsa, Marcelo, Luís, Berto e Rúa. Tamén xogaron: Agus, Félix, Chechu, Juan e Juanca.

ESTRELA VERMELLA - SAN PEDRO (1-1)

Despois de estar máis de 60 minutos clasificados, gracias a un gol de Jose nos primeiros minutos do encontro, e de mandar un balón o longueiro no último minuto, o final non puido ser.

Pero non quero pechar esta crónica sen felicitar os meus compañeiros pola copa realizada e sen decirlles que é unha honra compartir vestiario con eles porque o Estrela sí que é máis que un clube, tamén agradecer o voso apoio a todos e todas.

Por Rafa. Tamén é unha honra xogar contigo killer.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Chechu e Jorge (centrais); Roberto (medio dereito); Félix (medio esquerdo); Rober, Marcelo e Berto (medios); Jose (dianteiro); tamén xogaron Balsa, Rodrigo e Juan.

Obrigado xiareiros!!!

SAN PEDRO - ESTRELA VERMELLA (3-2)

Partido de ida dos cuartos de final da Copa.

Encontro durísimo celebrado o domingo no Municipal de Santa Isabel cun resultado inxusto dado o xogo exposto polo Estrela pero que deixa todo aberto para o partido de volta, por eso vos pedimos a todos que nos veñades apoiar o fin de semana que ven para darlle volta o resultado.

Comezou adiantándose o San Pedro, grazas a un pequeno erro na nosa defensa. Agus faría o empate tras unha falta sacada por Jorge. O San Pedro adiantaríase poucos minutos despois, pero un cabezazo de Marcelo ao saque dun córner faría o empate a 2. O terceiro gol do equipo local chegaría no segundo tempo.

Xogaron: Rober (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Jorge e Chechu (centrais); Marcelo e Berto (medios); Rúa (medio esquerdo); Agus (medio dereito); Roberto (media punta) e Jose (dianteiro); tamén xogaron Rafa, Balsa, Amaro, Juan e Juanca.

ESTRELA VERMELLA - ZONA VELLA (2-1)

Vaia final de tempada.

Semella coma se todas as meigas axudadas pola sorte que nos dá a presenza de Evaristo no Estadio estivesen da nosa parte. Pero tampouco todo é bon. Na liga mal, moi mal. Farolillo vermello e nunca mellor dito. Completado co descenso directo de categoría. Fixádevos na clasificación que hai no enlace inferior esquerdo do punto que pon TODO SOBRE A 3ª AUTONÓMICA GRUPO 12. En marelo (a miña cor favorita) os 2 clubes da gloria: Amio e Vista. E en vermello os 3 da disgracia: Xacobeo, Inmaculada e mais nós (con descenso automático).Pero vaiamos ao bon.

Partido de mediodía con moita calor o celebrado nas Cancelas (a nosa casa) propio para deixarse levar pola fatiga, o cansanzo e a astenia primaveral. Así saíron os dous contendentes ao campo, acompañados por un trío arbitral competente a pesar das irremediables protestas do incansable Rúa. Un acertado trencilla, acompañado cun ainda mellor liña Evaristo, na banda do noso banco, e por unha agraciada fotógrafa do equipo contrario fixeron o partido máis serio e agraciado para nós. Lonxe dos escándalos arbitrais doutras xornadas. Pero non fixeron falta ningún tipo de axudas, salvo as dos nosos impecables e acertados xogadores (salvo cando encaixamos o gol que moi mal nolo fixestes pasar -Cabronazos!-).

Comezou Berto abrindo o camiño (menos mal, porque senón que sería de nós). En estado de gracia, Alberto acompañado da pócima máxica da crema de Rúa que tenta paliar os problemas de sempre nos abductores, confirmou unha vez máis que está realizando unha fin de tempada impresionante, despois do triplete da semana pasada. Colle o balón un pouco máis avanzado do círculo central e a medio camiño do semicírculo da área rival, sen pensalo 2 veces, empala unha folla seca que máis ben pareceu un mísil Toma-Hawk que se cola de arriba abaixo tocando 1º penso que no longueiro entrando pola escadra para rematar no fondo das redes. Festa e algaravía para os poucos espectadores que tiñamos na grada (coido que ata faltaba o capi)e sobre todo para o poboado banquiño que tiñamos entre eivados (mea culpa e Edu o playero), un seareiro e o cuarteto da morte que saiu no segundo tempo. Dirixidos coma sempre por un maxistral Guillermo na banda (Tarrío, botámoste de menos, pero sobre todo pas ceas e pas copas), lonxe de pecharnos atrás seguimos triangulando, xogando ben, tendo boas posesións do esférico e con dúas ocasións de un contra un do "Gran" Jose, das que non suele errar, onde semella case máis fácil metela ca fallala que non poideron ampliar o marcador. Seguramente o mellor xogador do equipo, garantía de realizar o que é máis difícil no fútbol, que é metela dentro, non está tendo un afortunado final de tempada (como lle imos pedir máis, xa foi o que nos salvou durante todo o resto da Liga, case ata o final), seguramente tamén provocado polos problemas físicos que arrastra.

Os rivais na de na, patapún parriba e patadón pabaixo. Aproveitando eso Rober aproveitou pa sentenciar nesas xogadas que están vetadas para nós, os córners. Na segunda metade si que trenzaron mellor os rivais e catapún, pasou o que case sempre pasa, gol do contrario. 2-1 e quedaba unha media hora de partido. Que longo se nos fixo, ao borde do infarto (ben sabe Deus que se sufre moito máis no banco que no campo, no tapete verde polo menos botas a tensión co exercicio realizado). O tempo non pasaba, varios sustos, mais que ocasións claras dos rivais e xa ao final sacan ao incombustible Lois para tentar devolvernos de novo a remontada pasada (do 3-1 ao 3-3 en dous minutos e con cara de parvos) e crean unha oportunidade xa case na mesma liña de gol que defendeu con maestría o Rober (administrando moi ben o tempo) que o pánfilo do rival bota por riba do longueiro.

Pitan o final e POR FIN RESPIRAMOS.

POR FAVOR. NON NOS FAGADES SUFRIR TANTO O DOMINGO!!.

Xa estamos en cuartos, entre os 8 mellores equipos desta copa.

Un golazo de Berto e outro de Roberto métennos en cuartos de final a doble partido contra o San Pedro.

Crónica por Cristian!

INMACULADA - ESTRELA VERMELLA (0-6)

En cinco palabras IM-PRE-SIO-NAN-TE.

Das maiores goleadas da dilatada Hª do Estrela. Paseo militar do Exército de Breogán machacando aos do ex-cole do Balsa e rivais máis directos nosos por saír do farolillo. Tiqui-tak, tuya mía, xogadas trençadas, desprazamentos en largo e cun Berto estelar, fixeron deste sen dúbida o mellor encontro da frouxa tempada actual recentemente rematada.

Viuse acompañado pola presenza do "Kaiser" da nosa defensa tamén en estado de "jracia". Moi intelixente para abrirnos o camiño da goleada ao tirar ao comezo do encontro unha falta perto do borde da área mentres os outros estaban nas pavías. Para completar o gol do ariete Juan, que se poido ver ben acompañado por un par de goliños máis de non errar claras ocasións anteriores e posteriores.

Moito disfrutamos do encontro. En exceso, pq aos 10/15 minutos desa 2ª parte levei un forte rodillazo no xemelgo dun contrario que nin sequera o ínclito Evaristo sancionou. Xa bastante ben o fixera ata entón como para non equivocarse en nada. Case non podía apoiar o pé e camiñar. Fun á banda a botarlle reflex e irme reincorporando tentando apoiar e a pesares de seguir coxeando os 30 minutos que quedaban, como non sentía dor excesiva e os cambios xa estaban feitos, non lle dín importancia ao golpe e penso que foi onde a cajei. Así estou agora, disfrutando das nosas victorias copeiras de espectador con rotura de fibras. Pero todo sexa polo ben do equipo. Así que vos pido que sigades dándonos aleghrias. Avanti Estrela!!

Sí señor!! Rematámola liga ao grande, cun 0-6 contundente.

Hat-trick de Berto, 2 goles de falta de Jorge e un gol de Juan pecharon a nosa andaina pola liga.

Agora toca a copa!!

Crónica por Cristian!

ESTRELA VERMELLA - URBAN (0-1)

Non pudo ser, pese a que o Estrela presentou en Marrozos unha alineación moi ofensiva para levarse os tres puntos, a mala sorte continuou a ser o noso maior enemigo.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Jorge (central); Enrique (lateral esquerdo); Chechu e Berto (medios); Cristian (medio esquerdo); Agus (medio dereito); Marcelo (media punta); Juanca e Rúa (dianteiros); tamén xogaron: Roberto, Rafa, Balsa, Alberto e Juan.

ESTRELA VERMELLA - CAMPO DA ANGUSTIA (2-2)

Empate dulce e amargo xa que comezamos o partido completamente durmidos quizais polo penetrante calor que caía onte a tarde no campo de Santa Isabel. Encaixaríamos os 2 tantos en contra na primeira metade, dous goles regalados.

Xa no segundo tempo fomos de menos a máis e incluso pudemos ter gañado os 3 puntos, pero gracias a Jose, unha vez máis, e cun gol de penalti transformado por Rober, sacamos un punto nun encontro que nos primeiros minutos se nos puxo patas arriba.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito) sustituido por Félix; Enrique (lateral esquerdo); Rober e Jorge (centrais); Cristian e Chechu (medios); Agus (medio dereito) sustituido por Amaro; Jose (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Rúa.

A GRACIA - ESTRELA VERMELLA (4-1)

Nova derrota ante un A Gracia que foi de menos a máis. Ao descanso chegaríamos con 2-0 en contra.

Jose recurtaría distancias no taboleiro, pero, pese a nosa insistencia, foi imposible prantarlle cara a un equipo organizado.

O final do encontro, 4-1, para olvidar e pensar no seguinte partido.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Berto e Rober (centrais), Enrique (lateral esquerdo); Jorge (medio dereito); Chechu e Cristian (medios); Rúa (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Jose (dianteiro), tamén xogaron Balsa, Amaro, Juanca, Agus e Rafa. 

ESTRELA VERMELLA - AMIZADE (0-5)

Nova derrota con dous goles encaixados nos 5 derradeiros minutos do primeiro tempo.

Xa cun penalti en contra a principios da segunda metade, finalizaría o encontro para nós, no que o Amizade inda faría dous tantos máis.

Xogaron: Jorge (porteiro); Andrés (lateral dereito); Berto e Rober (centrais), Enrique (lateral esquerdo); Agus (medio dereito); Chechu e Cristian (medios); Jose (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Amaro. 

VICTORIA - ESTRELA VERMELLA (1-1)

Partido con reparto de puntos o xogado este domingo pola tarde nas Cancelas.

Inda que nos adiantamos no marcador, seguimos con ese pequeno toque de mala sorte. O Victoria lograría o gol do empate tras un saque de falta que nun desafortunado despexe da nosa defensa termina entrando na meta.

O noso gol foi materializado por Jose.

Xogaron: Edu (porteiro); Enrique (lateral esquerdo) sustituido por Alberto; Andrés (lateral dereito); Rober e Jorge (centrais); Marcelo e Jose (medios); Agus (medio dereito) sustituido por Félix; Rúa (medio esquerdo) sustituido por Alberto; Rodrigo (media punta) sustituido por Chechu; Juanca (dianteiro) sustituido por Balsa.

ESTRELA VERMELLA - LAVACOLLA (2-2)

Novo empate ante un forte rival. Inda que nos adiantamos por duas veces no marcador, o Lavacolla sacou un punto de proveito nun partido no que case saímos victoriosos. Os dous goles do noso equipo marcounos, como non, Jose.

Xogaron: Jorge (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Cechu e Rober sustituido por Berto (centrais); Agus (medio dereito); Rúa (medio esquerdo); Marcelo e Cristian (medios); Jose (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Juan.