Blogia
Estrela Vermella

Crónica

Partidos da fin de semana.

ESTRELA VERMELLA - SAN PEDRO (1-6)

Partido pésimo o xogado no campo de Marrozos en malas condicións o venres pola tarde. Inda que nos adiantamos nos primeiros minutos cun golazo de cabeza de Marcelo, rematado ao saque dunha falta votada por Rober, co empate fómonos do encontro, 3 na primeira parte e outros tantos no segundo tempo.

Xogaron: 1-Jorge (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo) sustituido por 12-Juan; 4-Chechu (central); 5-Rober (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 14-Rúa; 7-Marcelo (medio); 8-Félix (medio esquerdo) sustituido por 13-Rafa; 9-Agus (medio dereito); 10-Rodrigo (media punta); 11-Balsa (dianteiro).

VELACRUZ - ESTRELA VERMELLA (2-1)

Victoria pola mínima do Velacruz no partido do domingo pola mañá. Empate a uns con gol de Jose ata os derradeiros minutos do encontro, nos que o equipo local se faría cos 3 puntos en xogo.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Agus (lateral esquerdo); Chechu e Rober (centrais); Marcelo e Cristian (medios); Rúa (medio esquerdo); Enrique (medio dereito); Jose (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Berto no descanso.

ZONA VELLA - ESTRELA VERMELLA (3-3)

ZONA VELLA - ESTRELA VERMELLA (3-3)

Empate con sabor a derrota.

Partido que o Estrela tiña gañado pero grazas a que o árbitro nos sinalase un penati e unha falta inexistente ao borde da area, na nosa contra, foron suficientes para que o Zona Vella conseguise o empate.

O partido comezou cun Estrela moi metido e moi serio, unha boa primeira parte que se viu reflexada no 0-1 co que chegaríamos ao descanso, gol de Rober de penalti.

Xa no segundo tempo e grazas a unha boa internada de Jose na area do Zona Vella, recortando a 2 defensas, chegaría o 0-2. O Zona Vella a última media hora do encontro viuse arriba e recortaría distancias facendo o 1-2. Pero Cristian poría a suposta tranquilidade co 1-3.

E o que parecían 3 claros puntos, convertíronse en tan só 1 nos 10 últimos minutos.

Amargo empate!

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo) sustituido por 15-Agus; 4-Chechu (central); 5-Rober (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 12-Juan; 7-Jorge (medio esquerdo); 8-Marcelo (medio); 9-Jose (dianteiro); 10-Balsa (medio dereito) sustituido por 13-Félix; 11-Rúa (dianteiro).

ESTRELA VERMELLA - RACING SAN LORENZO (1-3)

Comezamos ben o partido de onte a mañá en Sta. Isabel; os primeiros 20 minutos o Estrela subía creando ocasións e defendía ben no medio campo.

Pero tralo primeiro e inxusto gol que chegou nunha falta ao noso porteiro na area pequena, que o colexiado non pitou, o San Lorenzo adiantaríase no luminoso.

Minutos despois disporíamos dunha oportunidade clarísima pero non demos co gol, e así remataría a primeira parte.

Xa no segundo tempo, o San Lorenzo pouco a pouco foise facendo dono do campo e farían o segundo gol tras un barullo na area. Inda que Rober recortaría distancias cun zambombazo dende fora da area, sería o San Lorenzo quen faría o definitivo 1-3.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3- Enrique (lateral esquerdo); 4-Rober (central); 5-Chechu (central) sustituido por 12-Rafa; 6-Cristian (medio) sustituido por 14-Berto; 7-Félix (medio esquerdo) sustituido por 16-Agus; 8-Marcelo (medio); 9-Jose (dianteiro) sustituido por 15-Juanca; 10-Roberto (media punta); 11-Rúa (medio dereito) sustituido por 13-Juan.

NOITEBRA - ESTRELA VERMELLA (3-0)

Onte partíamos con moita confianza nun partido que se nos puxo "patas arriba" en 10 minutos do primeiro tempo, no que o equipo rival faría 2 goles, un o saque dun corner e outro por erro da defensa na area pequena.

Xa no segundo tempo viñémonos adiante creando ocasións que de nada serviron, xogando máis da metade dos 45 minutos en campo do Noitebra. Pero nunha contra, tras un desafortunado despexe da defensa remataríamos facendo nós o 3-0.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Félix (lateral esquerdo); 4-Chechu (central); 5-Jorge (central) sustituido por 12-Juanca; 6-Berto (medio); 7-Cristian (medio); 8-Enrique (medio esquerdo); 9-Balsa (medio dereito); 10-Roberto (media punta); 11-Jose (dianteiro).

E para a semana o Racing San Lorenzo, domingo as 12:30 en Sta. Isabel.

BODEGÓN ARZÚA - ESTRELA VERMELLA (6-0)

Derradeiro encontro dunha xira contra os supostos equipos que loitarán polo título.

Unha xira da que o Estrela non sacou nada en positivo.

Xogaron: Rober (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Jorge e Chechu (centrais); Rafa e Cristian (medios); Agus (medio dereito); Balsa (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Jose (dianteiro); Juanca sustituiría a Rafa no descanso.

Agora comenza a nosa segunda volta.

ESTRELA VERMELLA - AMIO (0-5)

Encontro difícil o xogado onte a noite nas Cancelas.

Tarrío cambiou o esquema co que vimos xogando normalmente e contou con 5 defensas para poñerlle as cousas complicadas o líder. Pero o Amio xogou con moitísima intensidade todo o partido.

O noso equipo foi aguantando as acometidas rivais ata os minutos finais do primeiro tempo, donde trala sustitución de Jose por lesión, durmiríamonos no campo literalmente, momento que o Amio aproveitou facendo 3 goles, case regalados nos 10 últimos minutos da primeira parte.

Na segunda metade máis do mismo, ocasión tras ocasión do Amio que acabarían metendo 2 goles máis facendo notar a forma físca dun e doutro equipo, xa que nós tan só contábamos cun cambio.

Xogaron: 1-Jorge (porteiro); 2-Agus (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Chechu (central); 5-Andrés (central); 6-Félix (central); 7-Cristian (medio); 8-Jose (medio) sustituido por 12-Balsa; 9-Juanca (medio dereito); 10-Roberto (medio esquerdo); 11-Juan (dianteiro).

E para a semana, o Bodegón Arzúa, domingo as 16:30 en Marrozos.

RUANOVA - ESTRELA VERMELLA (6-1)

Encontro agonizante o disputado onte nas Cancelas.

Noite fría que contaxiou as ideas do noso equipo, mal partido, incluso co 3-1, gol de Rober de penalti co que parecía que nos víñamos arriba, non foi suficiente para poñer fronte a un Ruanova serio e con pegada.

O final dos 90 minutos 6-1, resultado un pouco abultado para o que nos merecíamos.

A olvidalo e pensar no seguinte partido.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo) sustituido por 14-Agus; 4-Rober (central); 5-Félix (central) sustituido por 16-Juanca; 6-Chechu (medio); 7-Balsa (medio dereito) sustituido por 13-Alberto; 8-Cristian (medio) sustituido por 12-Rafa; 9-Jose (dianteiro); 10-Marcelo (media punta); 11-Roberto (medio esquerdo).

Previa Ruanova (por Cristian)

*PARTIDO DE PPV ( Pague Por VerNOS):RUANOVA-ESTRELA VERMELHA
Domingo31;19:30 en las CANCILLAS
-Só polo PREZO de ir a darse unha breve camiñata pola ruta do colesterol (ate as Cancelas), tremendamente saludable e boa para o seu benestar. Coa vantaxa de que leva incluido no Pack, de balde:
1)FÚBOL DE SALÓN (É dicir, futebol da máis alta calidade a nivel mundial, superando claramente o lamentable q nos ofrece hoxe a LFP (cun Almería-Xerez), a Lliga BBVA (cun Huesca-Unión) e estando claramente ó nivel da Champiñóns (esta semá:Chelsea-Barsa).
2)"AMBIENTE" NAS BRANCADIAS: Ambientazo desde todos os puntos de VISTA na grada. Pode aprezar algún energúmeno seguidor do equipo contrario insultando ó arbitro ou aos nosos xogadores desaforadamente e cunha TALANCANERA nejra ou ben ten a mellor opción de UNIRSE á nosa afeción ULTRA E INCONDICIONAL do Fondo Norte (ou SUR -adepende) que NUNK folla (perdón FALLA) e NON PODE PARAR (coa musiquiña do Kompos). Pero sempre con "Fair Play".
3)SESIÓN DE RISOTERAPIA. Vaise escarballar de rir sobre todo polas pifias e nivel do ARBI [e moito máis nas múltiples ocasións que nos pita DON EVARISTO: EL REI DE LA BARAJA (o da canción de EXTREMO), cos seus prismáticos, e do EQUIPO CONTRARIO (arrankr torrós, despexes ó ar rozando a bola, cando non as bolas, entradas brusks e suterráneas, sobre todo a Rúa, Gorgito e Rafa, erros variados con goles en propia, pases ó cuartelillo dos PIKOLOS ou ó palco da Banda, etc.), e sobre todo DA NOSA EQUIPA (co espetacular "TIQUI TAK", cando non PATADÓN). Tamén disfrutará e rira de goce co espectacular FUTEBOL DE TOQUE e FORMA FÍSICA dos nosos players,...].
Pero OJO, tamén pode haber efectos secundarios con RISCO PARA A SAÚDE: Pode sufrir un ataque de risa e ter incluso que ingresar no Clínico consecuencia de exemplos coma os anteriores ou ben pola "MALA SORTE" que nos acompaña cando perdemos ou empatamos algún partido no último minuto (a veces no desconto), contra dez e sendo INMENSAMENTE superiores ós contrarios (como decía Cruyff-fubulisticamente) consecuencia dun INFARTO OU ATAQUE DE PÁNICO E IRA.

ESTRELA VERMELLA - VISTA ALEGRE (1-3)

Resultado un tanto abultado o colleitado en Marrozos esta mañán.

Chegaríamos co empate a ceros no descanso, prantándolle cara os terceiros en discordia desta categoría.

Xa no segundo tempo chegarían os goles, comezaría o Vista Alegre adiantándose no luminoso. Empataríamos cun gol de penalti transformado por Rober, pero a diferenza na clasificación notouse nos derradeiros minutos e o Vista Alegre farianos 2 goles máis facendo o 1-3. Púdose evitar algún gol, incluso pudemos ter empatado, pero ésto tan só foi o principio da segunda volta.

Ánimo equipo.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Rober e Jorge (centrais); Berto e Chechu (medio campo); Agus (banda dereita); Balsa (banda esquerda); Marcelo (media punta); Jose (dianteiro); xogaron tamén: Rúa, Roberto, Juanca, Rafa e Juan

XACOBEO STGO. - ESTRELA VERMELLA (1-0)

Encontro igualadísimo o disputado onte nas Cancelas.

Partido de ida e volta onde se levou os 3 puntos o máis listo da clase quedando tan só 3 minutos para finalizar cun xusto empate sen goles.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Rober (central) sustituido por 16-Chechu; 5-Félix (central); 6-Marcelo (medio) sustituido por 16-Amaro; 7-Cristian (medio) sustituido por 12-Agus; 8-Rúa (medio esquerdo) sustituido por 13-Juanca; 9-Roberto (dianteiro); 10-Jose (dianteiro); 11-Balsa (medio dereito) sustituido por 13-Juan.

Próximo partido o domingo en Marrozos as 11:30 h. fronte a un dos galos da categoría, o Vista Alegre, intentaremos prantarlle cara e poñerlle as cousas difíciles.

Resumo da 1ª volta

A primeira volta deixou os seguintes números para o noso equipo:

Partidos xogados: 18

Partidos gañados: 2; ESTRELA VERMELLA - VICTORIA (1-0); ESTRELA VERMELLA - A INMACULADA (3-1)

Partidos empatados : 2; AMIZADE - ESTRELA VERMELLA (2-2); SAN MARCOS B - ESTRELA VERMELLA (0-0)

Partidos perdidos: 14

Goles a favor: 14

Goles en contra: 54

Puntos totais: 8

Goleadores: Jose 5 goles; Juan 2 goles; Cristian 2 goles; Rober 1 gol; Rafa 1 gol; Rodrigo 1 gol; Chechu 1 gol; Rúa 1 gol

Volta do Nadal

Voltamos do Nadal e retomamos este modesto blog.

As festas deixáronnos 3 partidos, un empate que supo a pouco, unha victoria e unha amarga derrota.

A derrota sufrímola fronte o Campo da Angustia, rival que non amosou nada, simplemente fixo o que tiña que facer. Gañar a un rival que xogou con 10 todo o encontro. Derrota por 4 tantos a 1, no que regalamos 2 dos 4 goles encaixados. Por moitas intentonas e tras recortar distancias grazas ao gol de Cristian de penalti facendo o 3 a 1 non era o noso día. Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Agus (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Félix (central); 5-Chechu (central); 6-Cristian (medio); 7-Berto (medio dereito); 8-Marcelo (medio); 9-Juanca (dianteiro); 10-Roberto (medio esquerdo).

O empate chegaría en San Marcos fronte un rival que se quedaría con 10 case o comenzo do partido. Pero por moitas ocasións creadas e inda que levásemos a iniciativa, o San Marcos B replegouse facendo infranqueable o seu marco. O remate do encontro, o meso resultado co que comezamos, 0-0 que supo a pouco. Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito) sustituido por 14-Agus; 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Jorge (central) sustituido por 12-Rafa; 5-Rober (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 15-Félix; 7-Berto (medio dereito); 8-Marcelo (medio) sustituido por 16-Juanca; 9-Roberto (dianteiro); 10-Balsa (media punta); 11-Rúa (medio esquerdo) sustituido por 13-Juan.

A victoria colleitaríamola fronte A Inmaculada, pecha cancelas da categoría, por 3 tantos a 1. Os goles foron de Rúa, Cristian e xa no segundo tempo faría Jose o terceiro. A Inmaculada recortaría distancias facendo o 3-1 nos derradeiros minutos, resultado co que finalizaría o encontro. Xogaron:1-Rober (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo); 4-Félix (central); 5-Jorge (central); 6-Marcelo (medio) sustituido por 15-Juanca; 7-Cristian (medio) sustituido por 13-Juan; 8-Rúa (medio esquerdo) sustituido por 14-Agus; 9-Jose (dianteiro) sustituido por 16-Chechu; 10-Roberto (media punta), 11-Balsa (medio dereito) sustituido por 12-Rafa.

ESTRELA VERMELLA - A GRACIA (0-2)

Nova derrota fronte a un equipo que creou moitas ocasións. Os dous goles chegaría na segunda parte, o primeiro, tras un rebumbio na área. O noso equipo intentou xogar e crear ocasións pero o equipo rival desbarataría todas estas intentonas.

Trala expulsión de Jorge tras doble tarxeta, chegaría o segundo gol do equipo rival.

Partido complicado e resultado xusto nun domingo frío nas Cancelas.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Enrique (lateral esquerdo) sustituido por 14-Agus; 4-Jorge (central); 5-Chechu (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 15-Marcelo; 7-Berto (medio); 8-Alfredo (media punta) sustituido por 13-Félix; 9-Juan (dianteiro) sustituido por 12-Rafa; 10-Roberto (medio dereito); 11-Rúa (medio esquerdo).

Próximo encontro en Marrozos contra o Campo da Angustia, a por eles!!!

LAVACOLLA - ESTRELA VERMELLA (4-0)

Partido complicado dende o principio o disputado hoxe en As Cancelas.

O equipo rival plantouse con un gol madrugador, facendo 2 máis antes do descanso. Foi no derradeiro minuto da primeira parte, cando nunha discusión entre dous xogadores, un de cada equipo, o árbitro expulsou a Roberto, deixándonos con 10 homes no campo de maneira inxusta.

Na segunda parte, o equipo fixo un xogo máis serio intentando crear contadas ocasións. O árbrito nestes 45 minutos, sinalou un penalti a favor do Lavacolla que Jorge tras unha gran estirada desbarataría. Pero trás un barullo na nosa área, xa rematando o encontro, encaixaríamos o 4-0, gol que un dos xogadores do equipo local empurraría coa man e o arbrito non viu.

Partido disputado no campo de As Cancelas ás 15:30 da tarde co terreo de xogo bastante mollado.

Xogaron: 1-Jorge (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Agus (lateral esquerdo); 4-Chechu (central); 5-Roberto (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 13-Alberto ; 7-Berto (medio dereito); 8-Marcelo (medio) sustituido por 16-Rodrigo; 9-Félix (medio esquerdo) sustituido por 14-Balsa; 10-Alfredo (media punta) sustituido por 15-Rafa; 11-Jose (dianteiro) sustituido por 12-Juanca.

Agora Victoria e Amizade, dous rivais os que lle debemos de poñer as cousas complicadas, ánimo equipo!!!!

SAN PEDRO - ESTRELA VERMELLA (3-1)

Resultado un tanto inxusto o colleitado onte no campo de As Cancelas, fronte un equipo serio e con pegada.

Adiantouse o equipo local cun solitario gol co que se chegaría o descanso. O Estrela nestos primeiros 45 minutos sufriría as lesións de Jose e de Jorge, un dianteiro e un central, tendo que modificalo esquema o mister no vestiario.

No segundo tempo e grazas a un penalti o noso favor, Rafa anotaría o empate a uns, facendo xustiza ao que se estaba a ver no terreo de xogo, pero tan só 2 minutos despois o San Pedro faría o 2-1 descolocando ao Estrela do partido.

Inda que nos viñemos arriba nos derradeiros 15 minutos e creando numerosas ocasións, foi o San Pedro grazas a unha contra quenes rubricaron o xa mentado 3-1.

Partido xogado as 22:00 h. e co terreo de xogo en boas condicións.

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Félix (lateral esquerdo); 4-Jorge (central) sustituido por 12-Rafa; 5-Roberto (central); 6-Marcelo (medio) sustituido por 13-Juanca ; 7-Alfredo (medio esquerdo) sustituido por 16-Alberto; 8-Berto (medio); 9-Jose (dianteiro) sustituido por 14-Cristian; 10-Agus (medio dereito); 11-Juan (dianteiro) sustituido por 15-Rúa.

ESTRELA VERMELLA - VELACRUZ (1-5)

Partido complicado o disputado esta noite no campo de As Cancelas fronte a un rival rápido que aproveitou as ocasións que provocaron.

Comezou adiantándose no marcador o equipo visitante grazas a un penalti sinalado por man na área de Jorge. Tamén anotarían un segundo gol antes de finalizar a primeira metade.

Xa no segundo tempo, ca expulsión de Rúa, e ca lesión de Amaro, o equipo viuse incapaz de facer fronte as investidas rivais pese a un gol de Jose poñendo o 1-4 no electrónico.

E martes contra o San Pedro, ánimo chavales!!!

Xogaron: 1-Edu (porteiro); 2-Andrés (lateral dereito); 3-Félix (lateral esquerdo) sustituido por 16-Agus; 4-Jorge (central) sustituido por 13-Chechu; 5-Roberto (central); 6-Cristian (medio) sustituido por 15-Rafa; 7-Amaro (medio) sustituido por 14-Alfredo; 8-Berto (medio dereito) sustituido por 12-Balsa; 9-Jose (dianteiro); 10-Marcelo (media punta); 11-Rúa (medio esquerdo).