Blogia

Estrela Vermella

PRIMEIRO ADESTRAMENTO EN CAMPO

Este xoves faremos o primeiro adestramento en campo, as ordes do novo mister, Carlos, o cal trae moita ilusión e gañas de comezar canto antes.

O adestramento terá lugar en Santa Isabel as 20:00 h.

PRIMEIRA XORNADA 2010/2011

GRUPO 11 TERCEIRA AUTONÓMICA:

A liga dará comezo o 5 de setembro e rematará o 29 de maio, nunha competición novamente de 19 equipos coa alta do Atlético Fátima e as baixas do San Marcos "B" e Xacobeo Santiago. A novidade será que se conseguiu gardar semana santa para que só no caso de haber partidos aprazados se disputen eses encontros, sen haber xornada ligueira fixada para esa semana. Haberá xornada ademáis dos domingos o día da hispanidade (12 outubro) e máis o día das letras galegas (17 de maio) ambos en martes. Ademáis a ponte de decembro tamén queda para posibles partidos aprazados (mércores 8 de decembro) e será xornada de descanso o domingos 26 de decembro e 2 de xaneiro, ambos con motivo das festividades do nadal.

BELVÍS vs FÁTIMA
LAVACOLLA vs INMACULADA
SAN PEDRO vs AMIZADE
ZONA VELLA vs ESTRELA VERMELLA
URBAN vs RUANOVA
CONXO vs ANGUSTIA
A GRACIA vs VICTORIA
NOITEBRA vs VELACRUZ
SAN MARCOS vs BODEGÓN
Descansa: SAN LORENZO

Reunión e primeiro adestramento da tempada 2010/2011

Mañá, xoves 19 en San Lázaro, sobre as 21:00 h.

ESTRELA VERMELLA - SAN PEDRO (1-1)

Despois de estar máis de 60 minutos clasificados, gracias a un gol de Jose nos primeiros minutos do encontro, e de mandar un balón o longueiro no último minuto, o final non puido ser.

Pero non quero pechar esta crónica sen felicitar os meus compañeiros pola copa realizada e sen decirlles que é unha honra compartir vestiario con eles porque o Estrela sí que é máis que un clube, tamén agradecer o voso apoio a todos e todas.

Por Rafa. Tamén é unha honra xogar contigo killer.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Chechu e Jorge (centrais); Roberto (medio dereito); Félix (medio esquerdo); Rober, Marcelo e Berto (medios); Jose (dianteiro); tamén xogaron Balsa, Rodrigo e Juan.

Obrigado xiareiros!!!

Comité Nº 39, Delegación de Santiago

SANCIÓNS NA COPA DE SANTIAGO:
Amio: Rubén Losada Abelenda, 3 partidos. José Manuel Iglesias Varela, 1 semana.
Belvís: Daniel Rodríguez Seijas, 1 partido.
Amizade: Miguel Castro González, 1 partido.
Vista Alegre: Sergio Vázquez Fandiño, 2 partidos.
San Pedro: César Orestes García, 1 semana.
Estrela Vermella: Guillermo Moure Vázquez, 1 partido. Juan Rúa Cabanas, 1 partido.

PARTIDOS A CELEBRAR EN SANTIAGO OS DÍAS 5 E 6 DE XUÑO:
XACOBEO – BODEGON ARZUA 06/06/10 ás 20.15 en AS CANCELAS
BELVIS – AMIO 06/06/10 ás 18.30 en AS CANCELAS
AMIZADE – VISTA ALEGRE 06/06/10 ás 18.00 en STA. ISABEL
ESTRELA VERMELLA – SAN PEDRO 05/06/10 ás 20.15 en AS CANCELAS

SAN PEDRO - ESTRELA VERMELLA (3-2)

Partido de ida dos cuartos de final da Copa.

Encontro durísimo celebrado o domingo no Municipal de Santa Isabel cun resultado inxusto dado o xogo exposto polo Estrela pero que deixa todo aberto para o partido de volta, por eso vos pedimos a todos que nos veñades apoiar o fin de semana que ven para darlle volta o resultado.

Comezou adiantándose o San Pedro, grazas a un pequeno erro na nosa defensa. Agus faría o empate tras unha falta sacada por Jorge. O San Pedro adiantaríase poucos minutos despois, pero un cabezazo de Marcelo ao saque dun córner faría o empate a 2. O terceiro gol do equipo local chegaría no segundo tempo.

Xogaron: Rober (porteiro); Andrés (lateral dereito); Enrique (lateral esquerdo); Jorge e Chechu (centrais); Marcelo e Berto (medios); Rúa (medio esquerdo); Agus (medio dereito); Roberto (media punta) e Jose (dianteiro); tamén xogaron Rafa, Balsa, Amaro, Juan e Juanca.

Comité Nº 38, Delegación de Santiago

SANCIÓNS NA COPA CONCELLO DE SANTIAGO:
Belvís: Juan Pablo Fernández Pazos, 1 partido.
Victoria: Marcos García Oubel, 1 partido.
San Pedro: David de la Iglesia Pereira, 1 partido.

OUTROS ACORDOS:
AMIO - LAVACOLLA, Sinalado para o 16/05/10, o mesmo non chegou a disputarse por incomparecencia do Club Lavacolla. Finalizou o período de información aberto no acordo nº 37 do 19/05/10 sobre dita incomparecencia, ACORDASE: Dar por incomparecido ao encontro de referencia ao Club Lavacolla, sendo o resultado técnico do encontro de AMIO (3) –LAVACOLLA (0), así como descontarlle dous puntos da súa clasificación xeral, e multa económica ao Club de 60 € por dita incomparecencia. Art. 103 do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F.
VISTA ALEGRE - AMIZADE, Celebrado o 16/05/10. Rematou o período de información aberto no acordo do 19/05/10 Nº 37 da actual tempada sobre os feitos ocurridos no encontro de referencia. Vistas as alegacións presentadas polo Club Vista Alegre, ACORDASE: 1º.- Suspender con tres encontros oficiais ao xogador do Club Vista Alegre D. JUAN ALBERTO GASAMANS IGLESIAS, e sanción ó Club de 9 € por dobre amoestación e menosprezo ó Sr. Colexiado. Arts. 129 A e 133 C do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F. 2º.- Suspender cun encontro oficial ao xogador do Club Vista Alegre D. IVAN NAVEIRA VEIRAS, e sanción ó club de 3 € por menosprezo ó Sr. Colexiado. Art. 133 C do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F. 3º.- Suspender con catro semanas ao Colaborador tipificado en acta do club Vista Alegre D. RICARDO LUIS VAZQUEZ PAZO, e sanción ó Club de 12 € por empurrar ó Sr. Colexiado. Art. 118 do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F. 4º.- Suspender cun encontro oficial ao xogador do Club Amizade D. RUBEN RAMOS BALSA, e sanción ó Club de 3 € por menosprezo ó contrario. Art. 133 B do Regulamento Disciplinario dos Estatutos da F.G.F.
XACOBEO STGO. - A GRACIA, Celebrado o 23/05/10. Abrir información sobre a suposta aliñación indebida da totalidade de xogadores do Club Xacobeo Stgo., D. RUBEN VAZQUEZ FARTO e o Colaborador D. AGUSTIN RAÑA RAÑA, e presentada dita reclamación en tempo e forma o club A Gracia. Dar traslado da citada reclamación ó Club Xacobeo Stgo., para que no prazo máximo de 48 HORAS envíen as alegacións que estimen oportunas na defensa dos seus dereitos.

PRÓXIMOS ENCONTROS A CELEBRAR EN SANTIAGO Ó 30 DE MAIO:
BODEGÓN ARZÚA – XACOBEO STGO. 30/05/10 ás 18.00 en AS CANCELAS
AMIO – BELVIS 30/05/10 ás 19.45 en AS CANCELAS
VISTA ALEGRE – AMIZADE 30/05/10 ás 19.45 en STA. ISABEL
SAN PEDRO – ESTRELA VERMELLA 30/05/10 ás 18.00 en STA. ISABEL

ESTRELA VERMELLA - ZONA VELLA (2-1)

Vaia final de tempada.

Semella coma se todas as meigas axudadas pola sorte que nos dá a presenza de Evaristo no Estadio estivesen da nosa parte. Pero tampouco todo é bon. Na liga mal, moi mal. Farolillo vermello e nunca mellor dito. Completado co descenso directo de categoría. Fixádevos na clasificación que hai no enlace inferior esquerdo do punto que pon TODO SOBRE A 3ª AUTONÓMICA GRUPO 12. En marelo (a miña cor favorita) os 2 clubes da gloria: Amio e Vista. E en vermello os 3 da disgracia: Xacobeo, Inmaculada e mais nós (con descenso automático).Pero vaiamos ao bon.

Partido de mediodía con moita calor o celebrado nas Cancelas (a nosa casa) propio para deixarse levar pola fatiga, o cansanzo e a astenia primaveral. Así saíron os dous contendentes ao campo, acompañados por un trío arbitral competente a pesar das irremediables protestas do incansable Rúa. Un acertado trencilla, acompañado cun ainda mellor liña Evaristo, na banda do noso banco, e por unha agraciada fotógrafa do equipo contrario fixeron o partido máis serio e agraciado para nós. Lonxe dos escándalos arbitrais doutras xornadas. Pero non fixeron falta ningún tipo de axudas, salvo as dos nosos impecables e acertados xogadores (salvo cando encaixamos o gol que moi mal nolo fixestes pasar -Cabronazos!-).

Comezou Berto abrindo o camiño (menos mal, porque senón que sería de nós). En estado de gracia, Alberto acompañado da pócima máxica da crema de Rúa que tenta paliar os problemas de sempre nos abductores, confirmou unha vez máis que está realizando unha fin de tempada impresionante, despois do triplete da semana pasada. Colle o balón un pouco máis avanzado do círculo central e a medio camiño do semicírculo da área rival, sen pensalo 2 veces, empala unha folla seca que máis ben pareceu un mísil Toma-Hawk que se cola de arriba abaixo tocando 1º penso que no longueiro entrando pola escadra para rematar no fondo das redes. Festa e algaravía para os poucos espectadores que tiñamos na grada (coido que ata faltaba o capi)e sobre todo para o poboado banquiño que tiñamos entre eivados (mea culpa e Edu o playero), un seareiro e o cuarteto da morte que saiu no segundo tempo. Dirixidos coma sempre por un maxistral Guillermo na banda (Tarrío, botámoste de menos, pero sobre todo pas ceas e pas copas), lonxe de pecharnos atrás seguimos triangulando, xogando ben, tendo boas posesións do esférico e con dúas ocasións de un contra un do "Gran" Jose, das que non suele errar, onde semella case máis fácil metela ca fallala que non poideron ampliar o marcador. Seguramente o mellor xogador do equipo, garantía de realizar o que é máis difícil no fútbol, que é metela dentro, non está tendo un afortunado final de tempada (como lle imos pedir máis, xa foi o que nos salvou durante todo o resto da Liga, case ata o final), seguramente tamén provocado polos problemas físicos que arrastra.

Os rivais na de na, patapún parriba e patadón pabaixo. Aproveitando eso Rober aproveitou pa sentenciar nesas xogadas que están vetadas para nós, os córners. Na segunda metade si que trenzaron mellor os rivais e catapún, pasou o que case sempre pasa, gol do contrario. 2-1 e quedaba unha media hora de partido. Que longo se nos fixo, ao borde do infarto (ben sabe Deus que se sufre moito máis no banco que no campo, no tapete verde polo menos botas a tensión co exercicio realizado). O tempo non pasaba, varios sustos, mais que ocasións claras dos rivais e xa ao final sacan ao incombustible Lois para tentar devolvernos de novo a remontada pasada (do 3-1 ao 3-3 en dous minutos e con cara de parvos) e crean unha oportunidade xa case na mesma liña de gol que defendeu con maestría o Rober (administrando moi ben o tempo) que o pánfilo do rival bota por riba do longueiro.

Pitan o final e POR FIN RESPIRAMOS.

POR FAVOR. NON NOS FAGADES SUFRIR TANTO O DOMINGO!!.

Xa estamos en cuartos, entre os 8 mellores equipos desta copa.

Un golazo de Berto e outro de Roberto métennos en cuartos de final a doble partido contra o San Pedro.

Crónica por Cristian!

INMACULADA - ESTRELA VERMELLA (0-6)

En cinco palabras IM-PRE-SIO-NAN-TE.

Das maiores goleadas da dilatada Hª do Estrela. Paseo militar do Exército de Breogán machacando aos do ex-cole do Balsa e rivais máis directos nosos por saír do farolillo. Tiqui-tak, tuya mía, xogadas trençadas, desprazamentos en largo e cun Berto estelar, fixeron deste sen dúbida o mellor encontro da frouxa tempada actual recentemente rematada.

Viuse acompañado pola presenza do "Kaiser" da nosa defensa tamén en estado de "jracia". Moi intelixente para abrirnos o camiño da goleada ao tirar ao comezo do encontro unha falta perto do borde da área mentres os outros estaban nas pavías. Para completar o gol do ariete Juan, que se poido ver ben acompañado por un par de goliños máis de non errar claras ocasións anteriores e posteriores.

Moito disfrutamos do encontro. En exceso, pq aos 10/15 minutos desa 2ª parte levei un forte rodillazo no xemelgo dun contrario que nin sequera o ínclito Evaristo sancionou. Xa bastante ben o fixera ata entón como para non equivocarse en nada. Case non podía apoiar o pé e camiñar. Fun á banda a botarlle reflex e irme reincorporando tentando apoiar e a pesares de seguir coxeando os 30 minutos que quedaban, como non sentía dor excesiva e os cambios xa estaban feitos, non lle dín importancia ao golpe e penso que foi onde a cajei. Así estou agora, disfrutando das nosas victorias copeiras de espectador con rotura de fibras. Pero todo sexa polo ben do equipo. Así que vos pido que sigades dándonos aleghrias. Avanti Estrela!!

Sí señor!! Rematámola liga ao grande, cun 0-6 contundente.

Hat-trick de Berto, 2 goles de falta de Jorge e un gol de Juan pecharon a nosa andaina pola liga.

Agora toca a copa!!

Crónica por Cristian!

ESTRELA VERMELLA - URBAN (0-1)

Non pudo ser, pese a que o Estrela presentou en Marrozos unha alineación moi ofensiva para levarse os tres puntos, a mala sorte continuou a ser o noso maior enemigo.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Jorge (central); Enrique (lateral esquerdo); Chechu e Berto (medios); Cristian (medio esquerdo); Agus (medio dereito); Marcelo (media punta); Juanca e Rúa (dianteiros); tamén xogaron: Roberto, Rafa, Balsa, Alberto e Juan.

Comité Nº35, Delegación de Santiago

SANCIÓNS NO GRUPO 12:
Zona Vella: César Rodríguez Blanco, 1 partido.
Urban: Nicolás Ramos Berdullas, 1 partido. Fernando Martínez Carregal, 1 partido.
Victoria: Diego Francisco Álvarez Bea, 2 partidos.
Ruanova: Antonio Márquez Blanco, 1 partido.
Amizade: Diego José Tarrío Míguez, 1 partido.
A GraciaDamián García Pazos, 1 partido. Isaac García Pazos, 1 partido.

AVISOS POR ACUMULACIÓN DE AMONESTACIÓNS:
Velacruz: Manuel Paderne Cebey.
Urban: Jesus Gato Varela.
Victoria: David Antonio Martínez García, David Meiriño Vázquez.
Amizade: Daniel Liste Martínez, Damián Chenel Blanco.
Vista Alegre: Sergio Vázquez Fandiño.
Campo da Angustia: Francisco Javier Iglesias Vázquez, José María Pombo Martínez.
Xacobeo: Manuel Prieto González.
Inmaculada: Jacobo García Manzano Lamas, Alejandro Pereira Ramos.

CAMBIOS DE ENCONTROS:
CAMPO DA ANGUSTIA – INMACULADA 09/05/10 ás 17.45 en STA. ISABEL
SAN PEDRO – BODEGON ARZUA 08/05/10 ás 17.00 en GRIXOA


ENCONTROS ATRASADOS:
ESTRELA VERMELLA – URBAN 05/05/10 ás 21.00 en MARROZOS
LAVACOLLA – BODEGON ARZUA 09/05/10 ás 19.30 en STA. ISABEL

PRÓXIMOS ENCONTROS A CELEBRAR EN SANTIAGO OS DÍAS 15 E 16 DE MAIO:
INMACULADA – ESTRELA VERMELLA 15/05/10 ás 18.45 en AS CANCELAS
XACOBEO – A GRACIA 16/05/10 ás 20.30 en STA. ISABEL
VISTA ALEGRE – AMIZADE 16/05/10 ás 12.30 en STA. ISABEL *
RUANOVA – VICTORIA 16/05/10 ás 20.45 en AS CANCELAS
AMIO – LAVACOLLA 16/05/10 ás 19.00 en AS CANCELAS
BODEGON ARZUA – VELACRUZ 16/05/10 ás 12.30 en AS CANCELAS *
URBAN – SAN PEDRO 16/05/10 ás 15.30 en AS CANCELAS
NOITEBRA – ZONA VELLA 16/05/10 ás 17.15 en AS CANCELAS
SAN MARCOS B – R. SAN LORENZO 16/05/10 ás 12.00 en BANDO
CAMPO DA ANGUSTIA descansa
* 12.30 h. horario unificado, equipos co ascenso en xogo.

PRÓXIMOS ENCONTROS FASE PREVIA COPA CONCELLO DE SANTIAGO:
BELVIS – R. SAN LORENZO 17/05/10 ás 18.00 en AS CANCELAS
INMACULADA – VISTA ALEGRE 17/05/10 ás 17.30 en STA. ISABEL
NOITEBRA – VELACRUZ 17/05/10 ás 19.15 en STA. ISABEL
SAN MARCOS A - URBAN 17/05/10 ás 17.00 en BANDO

COPA CONCELLO DE SANTIAGO -CRUCES-

COPA CONCELLO DE SANTIAGO -CRUCES-

Comité Nº 34, Delegación de Santiago

SANCIÓNS NO GRUPO 12:
Inmaculada: Gonzalo Varela Pasín, 1 partido.
A GraciaJosé Antonio Liñares Vilar, 2 partidos.
Victoria: Jacobo Pazo Rodríguez, 1 partido. Victor Manuel Maneiro Freire, 1 partido.
Xacobeo: José Manuel Pérez Vázquez, 1 partido. Enrique Manuel Gómez Costoya, 3 partidos.
Lavacolla: José Enrique Martínez Vidal, 3 partidos. Alberto Moure Andrade, 1 partido. Carlos Salvado Bermúdez, 1 partido.
Velacruz: Daniel Castelao Pereira, 1 partido.
Amio: Jesús Raña Tojo, 1 partido.
San Pedro: Carlos González Rodríguez, 1 partido. Rubén Pereira San Martín, 1 partido.
Bodegón Arzúa: José Antonio Fernández Pérez, 4 partidos. Enmanuel Martínez Dasilva, 4 partidos.
Zona Vella: Miguel Ángel Iglesias García, 1 partido.
Racing San Lorenzo: Santiago Álvarez Blanco, 1 partido.
Urban: Ángel Gesto Martínez, 1 partido. David Rojo Núñez, 1 partido.

OUTRAS SANCIÓNS:
Zona Vella: 30 euros por comportamentos, actitudes, e xestos agresivos e antideportivos de futbolistas cando se dirixían aos árbitros, a outros xogadores ou ao público.
Bodegón Arzúa: 30 euros por comportamentos, actitudes, e xestos agresivos e antideportivos de futbolistas cando se dirixían aos árbitros, a outros xogadores ou ao público.


AVISOS POR ACUMULACIÓN DE AMONESTACIÓNS:
Xacobeo: Ignacio Touriño Feros.
A Gracia: José Antonio Liñares Vilar, Isaac García Pazos.
Amio: Manuel Alejandro Castro Moure.
Racing San Lorenzo: Alberto Lamas Lago.
Noitebra: Julio José Martínez Barral.

PRÓXIMOS ENCONTROS A CELEBRAR EN SANTIAGO OS DÍAS 8 E 9 DE MAIO:
ESTRELA VERMELLA – SAN MARCOS B 08/05/10 ás 19.30 en AS CANCELAS
CAMPO DA ANGUSTIA – INMACULADA 09/05/10 ás 19.30 en STA. ISABEL
AMIZADE – XACOBEO 09/05/10 ás 16.00 en AS CANCELAS
VICTORIA – VISTA ALEGRE 09/05/10 ás 19.30 en AS CANCELAS
LAVACOLLA – RUANOVA 08/05/10 ás 17.45 en AS CANCELAS
VELACRUZ – AMIO 09/05/10 ás 17.45 en AS CANCELAS
SAN PEDRO – BODEGON ARZUA 09/05/10 ás 17.45 en STA. ISABEL
ZONA VELLA – URBAN 09/05/10 ás 17.00 en GRIXOA
R. SAN LORENZO – NOITEBRA 09/05/10 ás 16.00 en STA. ISABEL
A GRACIA descansa

Resultados da Xornada

ESTRELA VERMELLA -  CAMPO DA ANGUSTIA (2-2)

XACOBEO STGO. - VICTORIA (0-3)

VISTA ALEGRE - LAVACOLLA (7-3)

RUANOVA - VELACRUZ (0-2)

INMACULADA - A GRACIA (0-3)

AMIZADE - SAN PEDRO (1-0)

BODEGÓN ARZÚA - ZONA VELLA (1-1)

URBAN - SAN LORENZO (4-7)

NOITEBRA - SAN MARCOS B (1-0)

Comité Nº 33, Delegación de Santiago

SANCIÓNS NO GRUPO 12:
Campo da Angustia: David Seoane Lamas, 1 partido.
Inmaculada: Abel Rodríguez Seoane, 1 partido. Gonzalo Varela Pasin, 1 partido.
Amizade: Carlos Otero Otero, 1 partido.
San Pedro: Andrés Tallón Castro, 2 partidos. Victor Moreira Coello, 1 partido.
Bodegón Arzúa: Jose Luis López Martínez, 1 partido. Joaquín Iglesias Calvo, 2 partidos.

AVISOS POR ACUMULACIÓN DE AMONESTACIÓNS NO GRUPO 12:
A Gracia: Francisco Javier Sánchez Rodríguez.
Estrela Vermella: Rafael Peña Vidal.
Velacruz: Daniel Castelao Pereira, Felix Carames Blanco.
San Pedro: Jorge González Rollón.
San Lorenzo: Diego González Soto.
Urban: Fernando Martínez Carregal.

PRÓXIMOS ENCONTROS A CELEBRAR EN SANTIAGO Ó 2 DE MAIO:
ZONA VELLA – R. SAN LORENZO 02/05/10 ás 17.00 en GRIXOA
SAN PEDRO – NOITEBRA 02/05/10 ás 17.00 en MARROZOS
VELACRUZ – URBAN 02/05/10 ás 20.45 en AS CANCELAS
LAVACOLLA – BODEGON ARZUA 02/05/10 ás 19.00 en AS CANCELAS
VICTORIA – AMIO 02/05/10 ás 17.15 en AS CANCELAS
AMIZADE – RUANOVA 02/05/10 ás 15.30 en AS CANCELAS
A GRACIA – VISTA ALEGRE 02/05/10 ás 18.30 en STA. ISABEL
C. DA ANGUSTIA – XACOBEO 02/05/10 ás 12.45 en STA. ISABEL
INMACULADA – SAN MARCOS B 02/05/10 ás 20.15 en STA. ISABEL
ESTRELA VERMELLA descansa

ESTRELA VERMELLA - CAMPO DA ANGUSTIA (2-2)

Empate dulce e amargo xa que comezamos o partido completamente durmidos quizais polo penetrante calor que caía onte a tarde no campo de Santa Isabel. Encaixaríamos os 2 tantos en contra na primeira metade, dous goles regalados.

Xa no segundo tempo fomos de menos a máis e incluso pudemos ter gañado os 3 puntos, pero gracias a Jose, unha vez máis, e cun gol de penalti transformado por Rober, sacamos un punto nun encontro que nos primeiros minutos se nos puxo patas arriba.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito) sustituido por Félix; Enrique (lateral esquerdo); Rober e Jorge (centrais); Cristian e Chechu (medios); Agus (medio dereito) sustituido por Amaro; Jose (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Rúa.

A GRACIA - ESTRELA VERMELLA (4-1)

Nova derrota ante un A Gracia que foi de menos a máis. Ao descanso chegaríamos con 2-0 en contra.

Jose recurtaría distancias no taboleiro, pero, pese a nosa insistencia, foi imposible prantarlle cara a un equipo organizado.

O final do encontro, 4-1, para olvidar e pensar no seguinte partido.

Xogaron: Edu (porteiro); Andrés (lateral dereito); Berto e Rober (centrais), Enrique (lateral esquerdo); Jorge (medio dereito); Chechu e Cristian (medios); Rúa (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Jose (dianteiro), tamén xogaron Balsa, Amaro, Juanca, Agus e Rafa. 

Comité nº32, Delegación de Santiago

SANCIÓNS NO GRUPO 12:
Campo da Angustia: Jose Luis de la Iglesia Allones, 2 partidos.
A GraciaDiego Souto Seijo, 2 partidos. Iván Lodeiro Otero, 1 partido. José Castiñeiras Liste, 1 partido. Luis Manuel Teira Otero, 1 partido. Manuel Teira Piñeiro, 2 semanas.
Estrela Vermella: Alberto Moure Vázquez, 1 partido.
Amizade: Javier Sánchez Mato, 1 partido.
San Pedro: Santiago Tojo Seoane, 1 partido. Mariano Rivas Estévez, 1 partido.
Vista Alegre: Alejandro Moure Pena, 1 partido.
Ruanova: Jaime Fernández Casado, 1 partido.
Zona Vella: Óscar López Tobar, 1 partido.
Noitebra: Ronnie Amosa Carril, 1 partido.
Bodegón Arzúa: Moisés Martínez da Silva, 1 partido. Rubén Varela Míguez, 1 semana.

AVISOS POR ACUMULACIÓN DE AMONESTACIÓNS NO GRUPO 12:
Victoria: Raúl Díaz Castro.
Inmaculada: Iván del Río Maceira, Gonzalo Varela Pasin.
Vista Alegre: Iván Calvo Lago.
Zona Vella: Cristian Cibes Graña.

PRÓXIMOS ENCONTROS A CELEBRAR EN SANTIAGO OS DÍAS 24 e 25 DE ABRIL:
ESTRELA VERMELLA – CAMPO DA ANGUSTIA 25/04/10 ás 19.30 en STA. ISABEL
INMACULADA – A GRACIA 25/04/10 ás 17.00 en MARROZOS
XACOBEO – VICTORIA 25/04/10 ás 16.00 en AS CANCELAS
VISTA ALEGRE – LAVACOLLA 25/04/10 ás 17.45 en STA. ISABEL
RUANOVA – VELACRUZ 25/04/10 ás 17.00 en GRIXOA
AMIO – SAN PEDRO 24/04/10 ás 19.00 en AS CANCELAS
BODEGÓN ARZÚA – ZONA VELLA 25/04/10 ás 19.30 en AS CANCELAS
URBAN – R. SAN LORENZO 25/04/10 ás 16.00 en STA. ISABEL
NOITEBRA – SAN MARCOS B 25/04/10 ás 17.45 en AS CANCELAS
AMIZADE descansa

COPA CONCELLO DE SANTIAGO 2010

No sorteo da Copa Concello de Santiago 2010, na categoría de modestos, haberá unha fase previa que a xogarán oito equipos o luns 17 de maio, a seguinte rolda (oitavos de final) xogarase a partido único o 23 de maio, cuartos de final os días 30 de maio e 6 de xuño, semifinais os días 13 e 20 de xuño, xogándose a gran final o 27 de xuño no campo de Santa Isabel.
Por sorteo deberán xogar a fase previa o Belvís, San Lorenzo, San Marcos "A", Urban, Inmaculada, Vista Alegre, Noitebra e Velacruz. O resto de equipos comezarán a competición o 23 de maio directamente en oitavos de final.
A nos tocounos contra o Zona Vella en oitavos de final (23 de maio) a partido único. No caso de pasar de ronda, xogaríamos en cuartos (30 de maio e 6 de xuño) contra o gañador do Victoria - San Pedro.

ESTRELA VERMELLA - AMIZADE (0-5)

Nova derrota con dous goles encaixados nos 5 derradeiros minutos do primeiro tempo.

Xa cun penalti en contra a principios da segunda metade, finalizaría o encontro para nós, no que o Amizade inda faría dous tantos máis.

Xogaron: Jorge (porteiro); Andrés (lateral dereito); Berto e Rober (centrais), Enrique (lateral esquerdo); Agus (medio dereito); Chechu e Cristian (medios); Jose (medio esquerdo); Marcelo (media punta) e Juanca (dianteiro) sustituido por Amaro.